Río Breogán-Joventut, mañá ás 12:00h na TVG e AGalega
Comeza a Liga Endesa, cun partido cada xornada os domingos nesta casa
Se o Joventut ten un referente como Ricky Rubio, todo un mito, o Río Breogán ten outra barba que marca o seu ritmo de xogo. A de Dominik Mavra. O croata comeza a sua terceira temporada como celeste. Xa ten galóns de veterano, tantos como para pasar páxina do capítulo da BCL e centrarse na liga que está a piques de comezar.
O triunfo na Supercopa do Joventut avisa. O último precedente porén favorece aos breoganistas. Ricky Rubio e Mavra amosaran un rendemento espectacular pero o triunfo quedara en Lugo. Mavra, que en 2017 vivira un curto paso polo equipo de Badalona, ten claro que Ricky e o retornado Laprovittola son os homes a deter.
Cando falamos dun Breogán Joventut na primeira xornada de liga é inevitable lembrar aquel precedente en 2018, co partido suspendido por problemas co reloxo. Nesta ocasión, o encontro é o primeiro dos que vai ser ofrecido pola TVG nesta temporada. Polo tanto, tense que xogar si ou si.