Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kevin reivindícase como goleador no amigable do Dépor co Penafiel (2-2)

Kevin reivindícase como goleador no amigable do Dépor co Penafiel (2-2)

Moitas caras novas no equipo de Antonio Hidalgo para suplir as baixas

Kevin Sánchez marcou os dous goles deportivistas

G24.gal 25/09/2026 21:47

Chegaba o Deportivo ao Estadio Municipal 25 de Abril de Penafiel con moitas baixas e outras tantas caras novas. Kevin Sánchez e Frank Iglesias saían titulares nun partido que serviu tamén de rodaxe para outros xogadores como Ferllo, Altimira, Angeliño, Yeremay, Asp-Jensen ou Adama Traoré e no que tamén debutaban os xuvenís Leandro e Mauro. Todos tiveron os seus minutos no equipo de Antonio Hidalgo. 

En fronte, un Penafiel onde militar ata cinco xogadores con pasado branquiazul. Un deles, Davo, era o primeiro en inaugurar o marcador para adiantar ao equipo portugués nos primeiro minutos. Empataba na mesma primeira metade Kevin. 

Xa na segunda parte, de novo adiantábase o Penafiel por medio de Juanda e outra vez Kevin poñía o empate para os deportivistas. O dianteiro reivindicouse con dous goles e aproveitou a oportunidade de Hidalgo ante a ausencia de Aubameyang ou Zakaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade