O Obradoiro pecha a temporada con derrota diante de Unicaja (84-86)
Os andaluces levaron o trofeo Xacobeo, aínda que os galegos estiveron moi preto de remontar no último cuarto
O Monbus Obradoiro pechou a pretemporada co Trofeo Xacobeo. Recibiu no Sar o Unicaja, unha boa proba antes do comezo da ACB o vindeiro sábado en Andorra.
Os andaluces comezaron o derradeiro cuarto con dez de vantaxe, non se renderon os santiagueses e a piques estiveron de remontar. Colocáronse a so dous puntos, coa oportunidade de forzar a prórroga ou mesmo de gañar na última posesión. Pero ao final os malagueños acabaron levando o triunfo e o trofeo, por un resultado de 84-86.
Agora queda a última semana de pretemporada por diante para seguir afinando detalles, como indicaba Meindl tras o partido: "Hai moitas cousas que mellorar. Xogamos na casa, 86 puntos é demasiado. Tivemos a oportunidade, pero hai que mellorar nos rebotes, as axudas...detalles. Temos que mellorar os detalles."