Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran vitoria do Deportivo Abanca en Granada (0-3)

Gran vitoria do Deportivo Abanca en Granada (0-3)

Millene Cabral levou ás súas á primeira vitoria da temporada

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 20/09/2026 14:51

A primeira vitoria do Deportivo Abanca chegou en Granada este mediodía, nesta cuarta xornada de liga. 0-3, vitoria cómoda, con dominio deportivista.

Foi un triunfo que tivo a Millene Cabral como a gran artífice. Dela foron os dous primeiros goles branquiazuis, dous goles en 26 minutos. O primeiro nun remate ós oito minutos tras un córner que sacaba Olaya.

O segundo, no 26, tras pase de Lucía Rivas... marcador co que se chegaba ó descanso. O terceiro anotábao Sofía Domínguez tras unha acción de Michi Apóstol, xa no tempo engadido.

O equipo de Alberto Rodríguez suma, por fin, de tres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade