Publicador de contidos

Publicador de contidos

Christian Costoya gaña a súa primeira carreira en monoprazas en Misano

Christian Costoya gaña a súa primeira carreira en monoprazas en Misano

O piloto de Silleda, que deu o salto esta temporada desde o karting, imponse na carreira de F-4 cun dobre adiantamento

Aos seus 16 anos, segue queimando etapas no mundo do motor

G24.gal 20/09/2026 10:52

O galego Christian Costoya segue coa súa gran progresión no mundo do motor. Despois de brillar no karting, estréase esta temporada en monoprazas na prestixiosa F-4 italiana, na que triunfaron no pasado pilotos como Lance Stroll ou Kimi Antonelli. Pilota para o equipo Prema, o gran dominador das últimas temporadas.

Ata o momento non estaba a colleitar bos resultados. Pero iso cambiou na proba deste sábado en Misano. Alí marchaba nas últimas voltas na terceira posición, axexando aos líderes. E tirou proveito da pelexa entre eles. No momento en que Bansal e Borenstein pelexaban polo liderado, fíxolles un exterior antolóxico para colocarse como líder da proba.

A triunfo na carreira, primeiro que acada en monoprazas, confirma que este piloto de Silleda, que acaba de cumprir dezaseis anos, non so ten futuro no automobilismo, senón que tamén ten xa presente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade