Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atacan cun artefacto explosivo a sede da UXT en Vigo

Atacan cun artefacto explosivo a sede da UXT en Vigo

O representante estatal vinculou este suceso coa "violencia verbal" contra as organizacións sindicais, "a base de insultos certamente lamentables", nos días previos á folga xeral

UXT UXT
G24.gal 11/11/2026 21:50 Última actualización 11/11/2026 21:59

 Dúas persoas atacaron cun artefacto explosivo de escasa potencia a sede da UXT en Vigo, segundo informou este mércores o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago.

A deflagración fracturou o cristal da porta principal da sede, situada na avenida de García Barbón, e obrigou a mobilizar os especialistas do corpo dos TEDAX da Policía Nacional, que abriu unha investigación.

O representante estatal condenou rotundamente o ataque e vinculou este suceso coa "violencia verbal" contra as organizacións sindicais, "a base de insultos certamente lamentables", nos días previos á folga xeral.

Lago opinou que, "cando se din determinadas cousas, créase o ambiente que propicia accións tan intolerables como esta".

O subdelegado confiou na pronta identificación dos autores do ataque e en que respondan ante a Xustiza.

Por outra banda, valorou que a xornada de folga xeral transcorreu na provincia sen incidentes graves, á marxe da denuncia presentada pola mañá por un intento de atropelo a un membro do piquete informativo de CCOO no polígono pontevedrés do Campiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade