A Audiencia de Almería apura a entrada no cárcere de Santi Mina
O xogador vigués, ex do Celta, ten dez días para presentar alegacións
Enfróntase a unha pena de catro anos por abuso sexual
A Audiencia Provincial de Almería iniciou a execución da condena a catro anos de prisión a Santi Mina por un delito de abuso sexual. O xogador, ex do Celta, abusou sexualmente dunha muller no 2017. Segundo a sentenza do Tribunal Supremo, que ratificou o fallo, Mina "aproveitou a proximidade, sorpresa e a situación na que se atopaba a perxudicada para executar dous actos sexuais inconsentidos".
O auto do tribunal dispón que o xogador ten dez días para presentar alegacións e preparar o seu ingreso en prisión. O dianteiro debe aboar tamén 25.000 euros en concepto de responsabilidade civil e non pode achegarse a menos de 500 metros da vítima nin comunicarse con ela durante 12 anos.
O futbolista está actualmente sen equipo. O Celta rescindiu unilateralmente o seu contrato no 2023 logo de coñecerse a sentencia.