Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dominik Mavra, líder histórico do Breogán en asistencias

Dominik Mavra, líder histórico do Breogán en asistencias

Acumula 307 asistencias nos 65 partidos que xogou co equipo celeste na ACB, superando en dúas as que asinara Alonso en 152 partidos

Foto Breogán Foto Breogán
G24.gal 10/11/2026 12:46 Última actualización 10/11/2026 13:01

O base internacional croata Dominik Mavra converteuse no líder histórico del Río Breogán en asistencias tras superar a Juan Miguel Alonso. O xogador balcánico, que brillou no último partido da liga Endesa contra o Barça con 12 puntos e 5 asistencias, xa acumula 307 asistencias nos 65 partidos que xogou co equipo celeste na ACB, superando en dúas as que asinara Alonso en 152 partidos.

En 33 deses 65 partidos, Mavra asinou 5 ou máis asistencias. Ademais, en dúas ocasións chegou aos dobres díxitos (10), quedándose preto da marca do Río Breogán na competición (12, Dewayne Russell).

Mavra afronta a súa terceira campaña consecutiva no Pazo Provincial de Lugo coas mellores medias da súa carreira ACB: 15,1 puntos, 6 asistencias e 17,7 créditos de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade