Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán non pode co Barça no esprinte final (99-91)

O Breogán non pode co Barça no esprinte final (99-91)

O equipo galego dominou durante 35 minutos o encontro pero a calidade do conxunto catalán decidiu no treito final

G24.gal 08/11/2026 14:03

O Río Breogán presentou unha dura batalla no Palau pero acabou perdendo co Barcelona por 99-91 nun partido que dominou ata o minuto 35. 

Comezou moi atinado o Barça (17-10) pero reaccionou o conxunto de Luis Casimiro que mantivo o partido igualado ao final do primeiro cuarto (23-20). No segundo o Breo encadeou un parcial de 0-10 co que colleou o mando no marcador (27-31) e xa non o soltou ata o descanso. Era un xogo coral por parte do equipo lugués con Brankovic, Brown ou Mavra conducindo unha solvente ofensiva. 

Seguiu o Breogán por diante durante moitos minutos do segundo tempo (43-50) ata que apareceu o pivote local Balcelowski con doce puntos case consecutivos para empatar (61-61). Ao remate do terceiro período o resultado era de 69-70. Duroulle a dianteira ao Breogán ata o minuto 35 (81-81) cando un parcial de 7-0 a prol do Barça comezou a encamiñar o encontro. Ao final 99-91 nun bo partido dos galegos pero con derrota final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade