Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona rendibiliza un gol de Alabart para gañar en Riazor (0-1)

O Barcelona rendibiliza un gol de Alabart para gañar en Riazor (0-1)

Nun partido moi parello e de alta intensidade o Liceo non conseguiu acertar coa porta contraria e recibiu o gol cando estaba en superioridade

G24.gal 08/11/2026 14:28

O Liceo volveu perder na segunda xornada e aínda non conseguiu sumar ningún punto no que levamos de OK Liga. Claro que enfronte estaba o Barcelona, gran favorito para o título, que rendibilizou ao máximo un solitario gol marcado polo coruñés Alabart. 

O encontro foi de máxima intensidade e moi parello. Sobre todo nun primeiro tempo no que os dous equipos case chegaron ás dez faltas. Na bola parada ningún dos dous estivo atinado cando parecía que era o único xeito que tiña calquera dos dous de marcar. 

O Barça viu como quedaba sen Sergi Llorca para o segundo tempo cun cartón vermello. Ao pouco de principiar a segunda parte Aragonés viu o cartón azul pero nesa situación de inferioridade apareceu Alabart para culminar unha contra e decidir o encontro. O Barcelona pechouse ben en defensa e acabou sacando os puntos de Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade