Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vellos coñecidos e novas caras para un Liceo que empeza a rodar coa mesma ambición

Vellos coñecidos e novas caras para un Liceo que empeza a rodar coa mesma ambición

Juan Copa ten tres novidades: o porteiro Eloi Martínez o coruñés Edu Lamas e o arxentino Franco Platero

Copa: "Traballamos para xerarnos oportunidades de título"

G24.gal 01/09/2026 12:16 Última actualización 01/09/2026 12:37

Botou a rodar o Liceo. Un ano máis baixo a dirección de Juan Copa e con tres novidades: o porteiro Eloi Martínez e a volta de dous xogadores de alto nivel, o coruñés Edu Lamas e o arxentino Franco Platero.

Dúas fichaxes de renome, con grande experiencia e afeitos a levantar títulos. Juan Copa manifesta a súa satisfacción cos novos reforzos.

"Son dous xogadores gañadores. Traballamos para xerarnos oportunidades de título".

Cos patíns engraxados e os sticks afiados, o Liceo afronta dous meses de pretemporada ata o seu primeiro compromiso oficial: as semifinais da Supercopa de España o 24 de outubro en Olot contra o Barcelona. De vencer ao Barça na primeira rolda, disputaría a final o 25 de outubro fronte ao vencedor do Igualada-Calafell, para enrolarse inmediatamente despois na estrea da OK Liga na pista do Caldes (31 de outubro) e o primeiro encontro na Coruña (7 de novembro), nun novo clásico ante o conxunto blaugrana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade