Publicador de contidos

Publicador de contidos

O retorno de Edu Lamas é a fichaxe estrela do Liceo

O retorno de Edu Lamas é a fichaxe estrela do Liceo

 Foi a tempada pasada campión de Europa co Porto

Levaba 7 anos no hóckey portugués

G24.gal 06/10/2026 14:25

Edu Lamas é a fichaxe estrela do Liceo para a tempada 2026-27. Foi campión de Europa o curso pasado co Porto -levaba sete anos en Portugal- e chega para substituír a César Carballeira, quen será o seu recambio en Porto. Son os enredos das viaxes da vida.

"Tiven unha etapa longa en Portugal e a miña ilusión agora era volver xogar no Liceo. Asinei dous anos. Síntome ben. Hai que seguir o fío das últimas tempadas, que foron brillantes. O Liceo ten ADN gañador", comenta Edu Lamas, cun palmarés co Liceo de vintecatro títulos, entre eles dúas Copas de Europa.

Estes días xógase o mundial de hóckey. Quedan aínda tres semanas para que comecen as competicións de clubs.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade