Primeira oportunidade do Liceo de saír campión da OK Liga
Sería o noveno título de Liga, que poría o ramoa un hístorico dobrete xunto coa Copa
Terceiro e posible definitivo partido o venres ás 19:00 horas (G2)
Tras os dous partidos disputados na Coruña, a final da OK Liga 2026 chega o seu terceiro capítulo, un encontro que podería ser o definitivo. O Deportivo Liceo viaxa ao pavillón do Igualada cunha vantaxe grande na serie (2-0) despois das goleadas consecutivas por 8-2 nos primeiros duelos da final.
O equipo galego está a só un triunfo de recuperar un título de Liga que non levanta desde 2022, tras varias finais perdidas fronte ao F. C. Barcelona. Así o Liceo pecharía unha tempada histórica cun dobrete xunto á Copa xa conquistada.
Pola súa banda, o Igualada HC afronta o partido como una obrigación para manterse con vida na final. Agora conta có factor pista xa que tanto o terceiro como un posible cuarto partido disputaríanse na súa casa. Os datos están a favor do Liceo xa que ningún equipo na historia da OK Liga conseguiu levantar un 0-2 abaixo nunha final.
A loita polo título retómase este venres no pavillón do Igualada Hoquei Club ás 19:00 horas. No caso dun cuarto partido, o encontro tería lugar o domingo ás 20:30. Ambos partidos poderán seguirse na G2 ou agalega.gal.