Publicador de contidos

Publicador de contidos

A versión do Liceo sobre os incidentes en Igualada: "Recibimos insultos, foguetes, pirotecnia"

A versión do Liceo sobre os incidentes en Igualada: "Recibimos insultos, foguetes, pirotecnia"

Partido definitivo pola OK Liga maña ás 20:30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, en directo na G2 e na Agalega.gal 

 

 

Imaxe do Hockey Club Liceo
G24.gal 22/06/2026 13:24 Última actualización 22/06/2026 16:53

A final da OK Liga entre o Deportivo Liceo e o Igualada HC decidirase mañá no quinto e definitivo partido no Palacio dos Deportes de Riazor. A serie, que comenzara co dominio do equipo coruñés cos seus triunfos contundentes por 8-2 na súa casa, cambiou os papeis esta fin de semana en Barcelona, onde o Igualada empatou a eliminatoria gañando os dous encontros no seu pavillón. 

Máis alá do deportivo, o Liceo denunciou que durante a súa estancia recibiron un clima "moi hostil". O director de operacións do club, Gonzalo Giménez, relatou varios incidentes que afectaron tanto ós xogadores e as súas familias como o persoal do club. 

O representante do equipo explicou que xa o venres, antes do primeiro encontro contra o Igualada, o recibimento en Barcelona foi especialmente tenso: 

"Recibimos insultos, lanzamentos de cohetes, pirotecnia. Houbo un lanzamento dunha cadeira que lle deu a un dos nosos seareiros". 

"As forzas de orde víronse un pouco desbordadas dende o comezo do evento". 

Giménez asegurou que a situación empeorou o domingo, ó rematar o cuarto partido da serie: 

"Tivemos que meter a nosa afección no túnel de vestiarios porque se viron acurrulados. Non tiñamos xa forzas de seguridade na instalación". 

O Liceo asegura que a súa prioridade sempre foi garantir a seguridade dos xogadores e da afección e lamenta que a situación se prolongase ata 20 minutos despois do encontro: 

"Cando pensabamos que a xente xa estaba saíndo polas portas, vimos que a nosa afección comenzaba a ter problemas. Axudámolos a baixar ao túnel de vestiarios". 

Co empate a dous na serie, o título decidirase maña ás 20:30 horas en Riazor, onde o Liceo agarda unha gran entrada para loitar polo seu noveno título de Liga. 

O encontro poderá seguirse en directo pola G2 e en Agalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade