Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo perde en Igualada (4-2) e a OK Liga decídese o martes en Riazor

O Liceo perde en Igualada (4-2) e a OK Liga decídese o martes en Riazor

Os coruñeses levantaron un 2-0, pero Marc González decidiu cun dobrete

A serie volve á Coruña., onde goleou o Liceo nos dous primeiros partidos

G24.gal 21/06/2026 22:19

O Liceo tampouco puido aproveitar a súa segunda oportunidade de gañar a OK Liga en Igualada. Como xa acontecera no terceiro encontro da serie, volveu perder, así que a final queda con empate a dous a falta do quinto e definitivo partido, que se disputa o martes no Pazo de Riazor (G2 e Agalega.gal).

O Igualada prolongou axiña o seu bo momento nesta final. Fíxoo adiantándose por 2-0 antes dos catro minutos, con dous tantos de Matías Pascual que obrigaban a Juan Copa a parar o partido e pedirller calma aos seus.

O Liceo foille collendo o pulso ao partido aos poucos. Comezou a crear ocasións, e Nil Cervera acurtaba diferenzas cun golazo madiada esta primeira metade. O gol metía definitivamente no encontro aos liceístas, e un cartón azul dáballes opción de buscar o empate. Puido acadalo nunha clarísima acción, pero a bóla quedou sobre a liña.

O Igualada rexíxose ao recuperar a igualdade, e volveu facerse co control do xogo, aínda que o Liceo non deixaba de crear perigo. A primeira metade rematou co 2-1, pero Dava Torres acadaba o empate aos catro minutos da continuación. O Liceo levantaba un 2-0, e quedaba en disposición de facerse coa Liga cun tanto máis.

Pero o Igualada abortou a remonta, e volveuse adiantar catro minutos despois. Foi cun tanto de Marc González despois dun rexeitamento. Tocaba remar outra vez pero, co Líceo á busca do empate, Marc González asinaba o dobrete e restituía a vantaxe de dous goles.

Nos últimos minutos, o Liceo buscou con insistencia a porta local, pero os goles non chegaban. Nin sequera de falta directa puido anotar Arnau Xaus. A serie queda agora con empate a dous, a falta do quinto e definitivo partido que decidirá o campeón o martes vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade