Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril saca un empate de Lezama (2-2)

O Fabril saca un empate de Lezama (2-2)

O Bilbao Athletic adiantouse por dúas veces, pero os coruñeses reaccionaron

Tras o 2-2 de Guerrerro, tiveron as mellores ocasións para levar a vitoria

Foto: @DeporCanteira
G24.gal 20/09/2026 14:00

O Fabril segue sumando neste inicio de temporada. Na difícil visita ao Bilbao Athletic a Lezama, os de Manuel Pablo foron de menos a máis, e acabaron acumulando un bo número de ocasión para levar a vitoria, pero traen un empate que os deixa con cinco puntos, mentres o filial vasco remata o partido no segundo posto, con oito.

O Bilbao Atlhetic saiu mellor, malia ao pau que supuxo a lesión de Sarasketa, un dos máis destacados hai unha semana en Pasarón, nos primeiros minutos. No dez, adiantábase o cadro local cunha boa acción de Vizkay, que remataba desde a frontal ao fondo da rede. 

Pouco despois chegaba unha cabezada que sacou Álex Marqués cunha parada espectacular. Aos poucos, foise estirando o Fabril, que fixo o gol do empate aos 41 minutos. Foi nunha longa acción que se iniciou na dereita, e que rematou cun servizo desde a esquerda de Íker Vidal que Martín Ochoa recibiu no punto de penalti, controlou e rematou a gol. E aínda se puido adiantar o filial galego cun remate de Yayo desde a frontal que a piques estivo de coller a escadra, antes da última do Bilbao Athletic, que lle sacou Álex Marqués a Belategi.

Quen marcou á volta de pausa foi Oyono, cun remate que, desta volta, non puido repeler o porteiro aínda que non parecía tan perigoso como os anteriores. A acción foi revisada por unha posible falta de Vizcay no inicio, pero subiu ao marcador.

Volveuse estirar o Fabril á busca do empate e so tardou dez minutos en amosar a súa pegada. Foi nuna xogada que naceu na esquerda, deixou pasar Rubén López no primeiro pau, e remachou Adrián Guerrero, co seu terceiro tanto nos dous últimos partidos.

Tivo moi boas ocasións o Fabril para culminar a remonta nas botas de Mesía, Justino e, xa no último minuto, Íker Vidal. Pero o 2-2 xa non se moveu en Lezama. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade