Breogán e Leyma Coruña cítanse na final da Copa Galicia de baloncesto
O Breogán derrotou o Obradoiro nun final moi apertado (81-84)
O Leyma Coruña sufriu, pero cumpriu o prognástico contra un COB moi combativo (94-89)
A gran final, este domingo ás 19 h, en directo na G2 e en Agalega.gal
Comezou a Copa Galicia de baloncesto en Santiago de Compostela e xa coñecemos os finalistas. Serán o Leyma Coruña e mais o Breogán.
O equipo de Carles Marco cumpriu os prognósticos pero non sen apuros, sobre todo durante os primeiros 20 minutos. O Club Ourense Baloncesto realizou un primeiro tempo excelente, no que obtivo 11 puntos de renda, e aguantou no segundo.
O noso único representante na Primeira FEB cedeu no terceiro cuarto, no que o Leyma atopou a fluidez ofensiva. O 27-14 dese cuarto cambiou a dinámica pero non decidou o partido. O COB colocouse a só tres punbtos e albiscou a sorpresa. Queixouse da actuación arbitral. Vexan o enfado de Moncho López, que foi expulsado. Finalmente, gañou o Leyma por cinco puntos.
O segundo finalista vai ser o Río Breogán, que derrotou o anfitrión, o Monbús Obradoiro. Os dous equipos ofreceron un patido igualdo, no que o Breogán tentou marcar diferenzas no terceiro cuarto. O seu desacerto nas triplas impediulle abrir máis oco.
O Obradoiro igualou o encontro e tivo opcións ata o remate. Diogo Brito errou o lanzamento que levaría o partido á prórroga. Os lucenses buscarán o seu decimosétimo título galego, o terceiro seguido, nunha final que veremos na G2 e AGalega.gal a partir das sete.