Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alonso Faure: “Xogar en ACB é un soño feito realidade”

Alonso Faure: “Xogar en ACB é un soño feito realidade”

Formado nas categorías inferiores do Valencia Basket, Faure continuou a súa formación no baloncesto universitario dos Estados Unidos

G24.gal 28/08/2026 15:49 Última actualización 28/08/2026 15:57

 O pivote alacantino Alonso Faure asegurou este venres, durante a súa presentación como novo xogador do Monbus Obradoiro, que xogar o curso 2026-2027 na ACB é “un soño feito realidade”.

“Estou moi contento de poder dar o salto e xogar en ACB, ademais nun club como o Obradoiro e nunha cidade como Santiago. É unha gran oportunidade para min, estou moi ilusionado”, manifestou en rolda de prensa.

Formado nas categorías inferiores do Valencia Basket, Faure continuou a súa formación no baloncesto universitario dos Estados Unidos. Tras disputar a Final a Catro de ascenso á liga Endesa con Oviedo a pasada tempada, agora afronta o reto de debutar na máxima categoría.

“De pequeno sempre soñas con ser xogador profesional e xogar na ACB, así que é como un soño feito realidade. Nos Estados Unidos crecín moito como persoa, a pesar de que o primeiro ano foi un pouco duro para min porque coincidiu co covid. Ademais, o pasou polo baloncesto estadounidense axudoume a desenvolverme máis a nivel físico”, indicou.

Nas súas primeiras semanas como obradoirista, Faure tamén destacou a boa acollida do vestiario e do corpo técnico liderado por Diego Epifanio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar