Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Eu non expulsaría a Marcos, pero entendo que o pode facer"

Giráldez: "Eu non expulsaría a Marcos, pero entendo que o pode facer"

O técnico celeste recoñeceu que Ramis lles sorprendeu coa súa formulación porque “nunca o viramos xogar en 5-4-1"

G24.gal 28/08/2026 12:00 Última actualización 28/08/2026 12:07

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, considera que a expulsión de Marcos Alonso non era tan clara “cando o árbitro tarda tanto tempo en decidir", por iso el, se fose o colexiado, "optaría por non expulsalo, pero entendo que o poida facer”.

“O VAR entendeu que tiña que avisar o árbitro e este decidiu, despois de moitas visualizacións e moitas repeticións, que era tarxeta vermella e temos que aceptalo. É unha decisión fundamental no partido porque o cambia, máis aló da situación do penalti de Galán, que nos acaba de matar”, analizou en conferencia de prensa.

O técnico celeste lamentou o “mal que defenderon” dentro da área a acción do 1-1 porque “estabamos en superioridade numérica, tócaa Raúl diante e perdemos a marca no segundo”.

“Cando iamos igualar o xogo de fóra cos cambios, xusto métennos o 1-2 nunha acción totalmente fortuíta e moi gris. Caeu todo do revés, hai que aceptalo”, comentou o preparador galego.

Giráldez desvelou que Ramis lles sorprendeu coa súa formulación porque “nunca o viramos xogar en 5-4-1, sempre o viramos defender con catro, e iso fíxonos dano porque nos custou ser verticais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade