Cargando resultados...
Ares soña con culminar na súa casa unha remonta para a historia
Chegou a perder 18 puntos con San Xoán e afronta a última fin de semana de competición a 6 puntos e con opcións de acadar a permanencia sen ir ao play off
G24.gal
28/08/2026 12:21
Ares é un dos peiraos con máis ambiente da ACT. Un escenario no que a traiñeira local se vai xogar a permanencia. Para evitar o descenso directo ten cinco puntos de marxe con Chapela. Para afastarse do play off ten que recuperarlle seis a San Xoán.
A tendencia dos aresáns é ascendente. Comezou a competición sumando moi poucos puntos en cada fin de semana pero no mes de agosto o seu rendemento non fixo máis que medrar. De feito distanciou a Chapela na clasificación e tentará festexar unha remonta que pode quedar para a historia, recuperarlle 18 puntos a San Xoán.