Galicia queda sen representación nas finais masculinas da Bandeira da Concha
Chapela foi a mellor das embarcacións galegas na décima posición
A final estará composta por sete traiñeiras vascas marcando Zierbena o mellor dos tempos
Mañá dispuatarsa a regata clasificatoria feminina
A gran final da Bandeira da Concha disputarase este domingo sen embarcacións galegas na bahía donostiarra. Despois da regata clasificatoria disputada hoxe serán sete embarcacións vascas as que estarán na gran final. As cinco traiñeiras galegas participantes quedaron eliminadas sendo Chapela a mellor clasificada na décima posición. Ares rematou undécima, Cabo de cruz na posición catorce, decimooitava foi Samertolameu de Meira e Tirán vixésima. Zierbena conseguiu o primeiro posto, dous segundos por encima de Orio e só catro segundos por encima de Hondarribia.
Mañá disputarase a regata clasificatoria en categoría feminina onde teremos outras cinco embarcacións galegas: Amegrove, Chapela, Perillo, Esteirana a Tirán. A regata poderase seguir a partir das 18:00 na TVG2 e na plataforma agalega.gal