Cabo e Perillo gañan o Teresa Herrera
En homes, Cabo da Cruz avantaxou a Tirán en 15 segundos
Na feminina, Perillo sacoulle cinco segundos de diferenza a Tirán
Os favoritos cumpiriron os prognósticos no Teresa Herrera. Na categoría masculina, a vitoria foi para Cabo da Cruz e, na feminina, levou a Bandeira o equipo de Salgado-Perillo. As de Perillo viñan de proclamarse amáis campioas da Liga Feminina a semana pasada.
Os de Cabo da Cruz impuxeron o seu ritmo desde o segundo longo e acabaron con 15 segundos de diferenza sobre Tirán. De terceiro quedou Samertolameu. As de Perillo superaron por cinco segundos a Tirán. A terceira praza, na feminina, foi para a gañadora da pasada edición, Chapela.
A seguinte gran cita para os equipos da Liga Galega será a clasificatoria da Bandeira da Concha.