Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ares disputará a eliminatoria pola permanencia

Ares disputará a eliminatoria pola permanencia

Os vascos avantaxaron en tres segundos a embarcación galega

Chapela acabou de última a manga e descende

O triunfo na bandeira de Ares foi para Orio 

G24.gal 30/08/2026 13:10 Última actualización 30/08/2026 15:49

Foi na disputa da Bandeira de Ares, con todo o remo galego volcado coa embarcación de alí. Ares remaba na casa e tiña que enxugarlle tres puntos na clasificación a San Xoán. O remo galego quería unha vitoria de Ares, quería festa, como a deste sábado en Boiro, onde gañou Ares a manga e a San Xoan non se lle vira ben.

Pero dun día para outro, a situación cambiou e San Xoán ofreceu un rendemento moi distinto, tanto que foi quen de superar a Ares, nas súas augas, por tres segundos de diferenza. Este resultado obriga agora a Ares a disputar o playoff para lograr a permanencia.

Chapela acabou última a manga e descende de xeito directo. E o triunfo nesta Bandeira de Ares foi, como non, para a intratable Orio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos