Efe Abogidi pecha o cadro de xogadores do Monbus Obradoiro
É un ala pivote que pode xogar de 5.
O ano pasado fixo 12,6 PTOS e 6,6 REB nos Vipers da G-League
O Monbus Obradoiro asina o nixeriano Efe Abogidi. É un xogador forte fisicamente e con gran capacidade defensiva. O ano pasado xogou na G-League, a liga dedesenvolvemento da NBA, cos Rio Grande Valley Vipers. Con eles promediou 12,6 PTOS, 6,6 REB e 0,9 TAP en 26 minutos de xogo.
Disputou a última liga de verán da NBA cos Denver Nuggets, onde fixo 10 puntos ou máis nos dous partidos nos que xogou máis de 10 minutos (no outro só diputou 2). Abogidi formouse nas NBA Academy de África e Australia e xogou a liga universitaria americana con Washington State.
Con esta fichaxe, o Obradoiro pecha o seu xogo interior e o seu cadro de xogadores para a tempada 2026/27, que será a do seu retorno á Liga Endesa. Os composteláns buscarán acadar a permanencia na ACB.