Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ACB aproba a admisión do Obradoiro CAB e do Club Básquet Coruña

A ACB aproba a admisión do Obradoiro CAB e do Club Básquet Coruña

O Monbus Obradoiro logrou o ascenso ao proclamarse campión da Primeira FEB

Leyma Coruña conseguiu o ascenso ao impoñerse ao Movistar Estudantes no partido decisivo da Final Four de Primeira FEB

G24.gal 15/07/2026 13:22 Última actualización 15/07/2026 13:30

A Asemblea Xeral da ACB aprobou a admisión do Obradoiro CAB e do Club Básquet Coruña SAD como socios. Deste xeito, o Monbus Obradoiro e o Leyma Coruña xogarán a liga Endesa 2026-27.

O Monbus Obradoiro logrou o ascenso ao proclamarse campión da Primeira FEB o pasado mes de maio, tras finalizar primeiro na liga Regular. Deste xeito, o conxunto galego regresa á liga Endesa dous anos despois, para seguir escribindo a súa historia na elite do baloncesto español, da que xa formou parte durante 13 tempadas.

Pola súa banda, o Leyma Coruña conseguiu o ascenso ao impoñerse ao Movistar Estudantes no partido decisivo da Final Four de Primeira FEB disputada a primeiros do mes de xuño no Coliseum coruñés. Os de Carles Marco protagonizaron unha remontada épica fronte aos colexiais, podendo así celebrar xunto á súa afección a súa volta á liga Endesa só un ano despois de perder a categoría e tras competer por primeira vez na devandita competición durante a tempada 2024-2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade