Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro confirma a continuidade de Quintela, Barcello, Barrueta, Dos Anjos e Lundqvist

O Obradoiro confirma a continuidade de Quintela, Barcello, Barrueta, Dos Anjos e Lundqvist

Os cinco xogadores xa tiñan co conxunto que preside Raúl López

Foto Obradoiro Foto Obradoiro
G24.gal 29/06/2026 13:27 Última actualización 29/06/2026 13:52

O escolta estadounidense Alex Barcello ampliou un ano máis, ata xuño de 2027, o seu contrato co Monbus Obradoiro, co que se estreará a próxima tempada na liga ACB. Outros catro xogadores que continúan na entidade santiaguesa son Sergi Quintela, Yunio Barrueta, Olle Lundqvist e Felipe dos Anjos.

Os catro xa teñen experiencia na ACB: o primeiro no Breogán, o segundo e o terceiro no Leyma Coruña e o cuarto en Andorra. Haberá que ver que acontece con xogadores que disputaron a última campaña, como Micah Speight, Leo Westermann, Deixan Kravic ou Denzel Andersson. Todos terminan contrato e agárdase que se definan as súas situacións contractuais

De momento non hai caras novas no cadro que dirixe Epifanio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade