Cargando resultados...
Festexo por todo o alto no Obradoiro polo retorno do equipo santiagués á ACB
A afección acompañou o equipo na recepción institucional no Concello
G24.gal
09/05/2026 18:54
Sábado de festexo para o Obradoiro logo de acadar onte o ascenso directo á ACB.
A festa de onte no Sar e nas rúas santiaguesas trasladouse esta tarde á praza do Obradoiro.
Non acompañou o tempo, pero os afeccionados obradoiristas, si, e non faltaron. Recepción do equipo no Concello e saúdo dos xogadores dende o balcón consistorial, un xeito de agradecerlle tamén á afección o apoio recibido ao longo desta temporada.