Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña volve á ACB un ano despois cunha remonta espectacular contra Estudiantes (97-100)

O Leyma Coruña volve á ACB un ano despois cunha remonta espectacular contra Estudiantes (97-100)

Os coruñeses chegaron a perder de 15 no último cuarto, pero refixéronse e mandaron o partido á prórroga

No tempo suplementario sempre levaron a iniciativa

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 07/06/2026 21:18

O Leyma Coruña fixo historia retornando un ano despois á ACB. Fíxoo ao grande, rexurdindo cando peor estaban as cousas, condenando unha vez máis ao Estudiantes.

No primeiro cuarto os puntos cotizáronse como o ouro. 6-12 foi o marcador ao final dos primeiros dez minutos. Houbo desacerto pero tamén boas defensas, sobre todo por parte do Leyma Coruña.

No segundo cuarto os dous equipos soltaron a man. Reaccionou o Estudiantes con Silverio e Granger e a resposta dos coruñeses foi contundente. Jacobo Díaz e Didac Cuevas castigaron o aro madrileño desde a loga distancia. Os tiros libres, 15 do Estudiantes ao descanso e só 3 do Leyma e a última e afortunada canastra de McGrew mantiveron a igualdade no tempo de lecer.

O terceiro cuarto observou un cambio de dinámica. O Estudiantes atopouc bos tiros e foise ata as seis triplas neses 10 minutos, con especial protagonismo para Jayson Granger. Unha casntras con adicional de Giovannetti deulles un máis 8 aos madrileños, unha vantaxe coa que afrontarían o cuarto definitivo.

Todo semellaba perdido cando o Estudiantes cobraba unha diferenza de 15 puntos. Pero se algo demostrou o Leyma esta temporada é que é capaz de regresar das situacións máis adversas. Pacheco empatou o partido xa no último minuto e incluso tivo a defintiva para gañar o partido. Non foi o mellor ataque.

No complemantario, apareceu un que non soe fallar nestas ocasións. Jorgensen liderou as vantaxes coruñesas con 8 puntos case seguidos. 
Os laranxas dministraron a súa vantaxe e puideron festexar, con moitísima emoción e nun Coliseum entregado, un máis que merecido premio. O Leyma só perdeu 4 partidos en todo a temporada. o ascenso tiña que ser seu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade