Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Sueiro, a última perla da canteira do Celta debuta no fútbol profesional

David Sueiro, a última perla da canteira do Celta debuta no fútbol profesional

O silledense, do ano 2010, entrou no minuto 82 no partido que o Fortuna xogou no Molinón

G24.gal 05/10/2026 11:15

David Sueiro (Silleda, 2010) é a última perla da canteira celeste en debutar no fútbol profesional. Con só 16 anos estreouse no partido que o Fortuna xogou no campo do Spórting en substitución de Kibet no minuto 82. Titular indiscutible no xuvenil de División de Honra malia ser de primeiro ano nesta categoría está a adestrar de xeito habitual co equipo de Fredi Álvarez e tivo a súa oportunidade de xogar na Segunda División.

Falamos dun centrocampista de características similares a Fer López, por complexión física e estilo sobre o terreo de xogo. Chegou a Afouteza en 2023 procedente do Oroso e sempre estivo competindo unha categoría por riba da súa idade. A campaña pasada (cadete de segundo ano) xogouna de xeito regular co xuvenil de Liga Nacional. Sueiro xa foi internacional coa selección española sub-16. 

Na historia do Celta B hai outros prodixios de precocidade. Sueiro debuta con 16 anos e 2 meses. Denis Suárez fíxoo con 16 anos e 3 meses, Rubén Blanco con 16 e 6 meses e Iago Barreiros con 16 anos e 7 meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade