Publicador de contidos

Publicador de contidos

O COB asina un inicio perfecto da man dun estelar Martín Fernández

O COB asina un inicio perfecto da man dun estelar Martín Fernández

O xogador vilagarcián é o máximo anotador da categoría (21,5 puntos) e o mellor valorado despois de dúas xornadas nas que o equipo ourensán gañou os dous encontros

G24.gal 05/10/2026 14:31

O Club Ourense Baloncesto quedou como o único representante galego na Primeira FEB pero o seu inicio de campionato está a ser perfecto. Dous partidos e dúas vitorias, xunto a Alacant, Gran Canaria, Palencia, Estudiantes e Cantabria. 

Un xogador sobresae por riba de todos. O escolta vilagarcián Martín Fernández que comezou como o mellor xogador da categoría. Nesas dúas xornadas é o líder en anotación (21,5 puntos de media) e en valoración (27,5 de media). A achega de Martín foi determinante para gañar na primeira xornada a Tizona e na segunda na pista do Guipúscoa Básket. Martín está tirando mellor ca nunca na súa carreira acreditando unhas porcentaxes excepcionais (80 % en tiros de 3) que demostran a súa gran selección de tiro. 

Xunto a el están a brillar xogadores como Marc García, McDonell ou Russell que debutou no partido correspondente á segunda xornada con 16 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade