Cargando resultados...
Marc Márquez coróase campión do mundo por décima vez, oitava en MotoGP
O catalán culminou cun noveno posto en Portugal unha remonta de 102 puntos de desvantaxe
Iguala con Agostini co seu oitavo título na máxima categoría
Foto: EFE
G24.gal
22/11/2026 20:09
E da páxina internacional, dous éxitos españois este domingo. O primeiro, o de Marc Márquez e o seu décimo título mundial.
Tras non poder ser campión onte ó caer na carreira ó esprint do Gran Premio de Portugal, hoxe minimizou riscos e acabou oitavo. Asegurou os puntos para facerse campión. Co seu oitavo título en Moto GP iguala ó mítico Agostini. Un título que consegue logo de superar as secuelas no seu ombro e tras protagonizar a maior remontada na historia do mundial. Chegou a estar a 102 puntos do liderado.