Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión un garda civil e un familiar de Marc e Álex Márquez por un asasinato en 2022

A prisión un garda civil e un familiar de Marc e Álex Márquez por un asasinato en 2022

O Xulgado de Solsona decreta prisión incondicional para tres detidos pola súa presunta relación coa morte do suposto contrabandista Joan Coromina 

Un axente dos Mossos d´Esquadra/Foto de arquivo/David Zorrakino /Europa Press Un axente dos Mossos d´Esquadra/Foto de arquivo/David Zorrakino /Europa Press
G24.gal 04/09/2025 20:27 Última actualización 04/09/2025 20:42

O xuíz acordou prisión sen fianza para os tres detidos pola súa presunta relación co crime do suposto contrabandista Joan Coromina na Baronia de Rialp en 2022, entre eles un comandante da Garda Civil na reserva e un familiar do piloto Marc Márquez.

O xuíz de Solsona acordou prisión incondicional para os detidos, tal e como pedía a Fiscalía, tras unha comparecencia na que os tres investigados acolléronse ao seu dereito a non declarar.

Os investigadores sospeitan que o comandante da Garda Civil detido puido ser o indutor do homicidio de Joan Coromina, quen estaba sendo investigado por formar parte dunha rede de contrabando de tabaco con ramificacións en Portugal.

Os outros dous detidos, o tío político de Márquez e o propietario dun taller mecánico, serían cooperadores necesarios no crime.

Das intervencións telefónicas e investigacións levadas a cabo polos Mossos d'Esquadra, despréndese que o garda civil detido pedira diñeiro a Joan Coromina a cambio de facilitarlle información sobre a investigación por contrabando de que era obxecto.

O xuíz xustifica o ingreso en prisión sen fianza dos detidos, acusados dun delito de homicidio, en que existe risco de que fuxan e tenten escapar á acción da xustiza, pola gravidade dos feitos que se lles imputan.

Tamén argumenta o xuíz que hai perigo de que os detidos destrúan probas, a pesar de que xa se levaron a cabo as entradas e rexistros necesarias para a investigación e a policía interveulles numerosos dispositivos electrónicos, entre eles teléfonos móbiles.

Nese sentido, razoa o maxistrado que os detidos "eran coñecedores de que eran investigados" e é "plausible que estivesen preparados" para as entradas e rexistros practicadas e que dispoñan doutros espazos ou lugares onde se poidan atopar "evidencias ou fontes de proba".

A policía catalá levou a cabo varias dilixencias de investigación antes de poñer aos detidos a disposición xudicial. Os axentes rexistraron a xoiería que rexenta o tío político de Márquez en Cervera, onde tamén reside. O detido era amigo da vítima, con quen compartira internado na súa mocidade.

O comandante na reserva supostamente implicado no crime, de 63 anos, foi arrestado por Asuntos Internos da Garda Civil acusado dun delito de asasinato e outro de revelación de segredos.

A vítima, Joan Coromina Estany, que presuntamente estaba a ser investigado por formar parte dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco, foi asasinado o 25 de xaneiro de 2022 cando estaba nunha leira case inaccesible dos bosques da Baronia de Rialb e recibiu un disparo no corazón a máis de 100 metros de distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade