Cargando resultados...
Breogán e Obradoiro queren a segunda vitoria na ACB esta fin de semana
O Breogán visita Manresa esta noite (21:00h)
O Obradoiro recibe mañá (12:30h) ao Real Madrid no Sar
G24.gal
03/10/2026 13:08
Apenas pasaron seis días desde que o Breogán nos deixou sen voz cunha mabillosa vitoria ante o Joventut, cando os de Luis Casimiro volven esta noite a acción. Será en Manresa, ante un rival con adestrador galego, Ocampo, ante un equipo renovado que, polo momento, perdeu na Liga e en Europa.
Ás nove desta noite xoga o Breo e mañá ás 12:30 volverá soar o miudiño na ACB. Con partido grande. Obradoiro- Real Madrid. Co Obra a voltas coas doenzas de Alonso e Barcello, que vén de gañar en Andorra.
E cun Real Madrid que superou a Unicaja na primeira xornada, pero esta semana acendeu as alarmas con dúas derrotas na Euroliga.