O Leyma Coruña recibe mañá ao Bilbao no Coliseum (12:00h, TVG e AGalega.gal)
Os coruñeses buscan a primeira vitoria da temporada diante do seu público
A última vez que unha retransmisión da TVG estivo no Coliseum foi na inesquecible remontada e ascenso diante do Estudiantes. A consecuencia daquel día é que o recinto coruñés volverá acoller partidos da liga Endesa.
O sentimento de Alonzo Verge é xeral. O base está chamado a marcar as diferenzas neste Leyma. Logo de anotar puntos a esgalla na Bundesliga anda a procupa da adaptación a un estilo de xogo de vertixe.
Ollo co rival. O Bilbao Basket sumou un título europeo o pasado ano e deixou fóra dos playoffs a todo un Unicaja. O seu adestrador Jaume Ponsarnau é mestre do técnico do Leyma Carles Marco. Hai ex xogadores como Aleix Font e xente de moito renome como Darrun Hilliard. Del e doutros agárdase o mellor. A chave é que non aparezan teóricos actores secundarios como hai dous anos, cando Rubén Domínguez fixera na Coruña o mellor partido da súa carreira deportiva.