Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés cae na ida da EHF contra o Boden (30-28) e terá que remontar mañá (12h, G2)

O Guardés cae na ida da EHF contra o Boden (30-28) e terá que remontar mañá (12h, G2)

As galegas mantivéronse en todo momento no partido, pero toparon coa porteira sueca Borjeson, un muro con 15 paradas

O partido de volta, que se volve disputar na Sangriña, verémolo tamén nesta casa

G24.gal 03/10/2026 13:55

O Atlético Guardés comezou a súa andaina na EHF European League cunha derrota ante o Boden sueco. Derrota por dous goles que terán que remontar mañá no partido que veremos na G2.

Ó descanso chegouse cun 17-15 para as suecas que xogaron como locais este primeiro partido. Comezou gañando o equipo de José Ignacio Prades. Púxose 3 arriba, cunha actuación sensacional da eslovena Brasca Hautman. Pero remontaron as suecas grazas as transicións e á súa potente liña defensiva.

Na segunda metade as galegas toparon coa porteira Borjeson, decisiva con 15 paradas. Ela foi a responsable do 30-28 final que deixa todo aberto para mañá, nun partido que poderemos seguir na G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade