Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna visita un Sporting ferido no Molinón

O Celta Fortuna visita un Sporting ferido no Molinón

Fredi asume na previa os problemas do filial, con varios xogadores co primeiro equipo por culpa da parada ligueira

G24.gal 03/10/2026 13:21

Na segunda división, o Celta Fortuna xoga mañá pola tarde no Molinón coa intención de obter un triunfo que non chega desde hai un mes. Iso sí, e empresa semella complicada.

E é que Fredi ten baixas de consideración, entre elas as de Antañón, que segue con problemas no nocello, e de Hugo Burcio, en dinámica co primeiro equipo. Catro xuvenís entran na convocatoria logo dunha semana difícil para o filial celeste, con varios efectivos traballando con Claudio Giráldez pola marcha dos internacionais.

Ademáis, o Spórting ven de perder o derbi co Oviedo e non pode fallar ante a súa afección. Así o resumía Fredi na previa: "Sabemos o que é xogar un derbi, con poucos quilómetros de distancia e moi paixonal. Ao perder, vanlle querer dar unha alegría aos seus afeccionados", dicía o técnico.

Fredi teno claro: "Temos que entender que somos un filial, aínda que levamos moito tempo así, e mañá xogarán once co mesmo escudo. E vano dar todo para gañar o partido", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade