Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna busca borrar mañá en Almería (18:30, TVG) a mala imaxe do luns

O Celta Fortuna busca borrar mañá en Almería (18:30, TVG) a mala imaxe do luns

Fredi: "Temos o escenario perfecto e o rival perfecto para darlle a volta a esta situación"

G24.gal 19/09/2026 11:22

Na segunda división, mañá veremos as seis e media da tarde na nosa primeira canle o partido que vai disputar o Celta Fortuna en Almería. 

O filial celeste suma sete puntos en cinco xornadas, pero ven de sufrir unha derrota dolorosa en Balaídos ante o Éibar por un contundente cero a catro. Así que o obxectivo do equipo de Fredi e conseguir un bó resultado que revirta as malas sensacións.

O técnico do Fortuna destacou a reacción dos seus futbolistas ao longo desta semana: "Creo que tivemos unha boa semana, o equipo reaccionou ben. Sabemos onde estamos, a dificultade...e somos conscientes de que o resultado é enganoso. Non o fixemos tan mal como para o resultado que se deu. É certo que cometemos erros graves, nas áreas non estivemos atinados e fomos brandos... Pero a xente entende esta situación, e temos o mellor escenario e o mellor rival posible para darlle a volta á situación", apuntou.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade