Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna gaña en Ceuta con goles de Capde e Somuah (0-2)

O Celta Fortuna gaña en Ceuta con goles de Capde e Somuah (0-2)

Os de Fredi acumulan 7 puntos nun gran inicio no fútbol profesional

G24.gal 05/09/2026 20:30

Vitoria nun partido dos que serven de aprendizaxe, no que os momentos de brillantez alternaron con minutos de padecemento.

O filial saiu decidido na procura do triunfo. Xerou ocasións suficientes para adiantarse axiña diante dun Ceuta sen confianza. Capde buscou a escadra da portería ceutí na primeira acometida. A máis clara foi para un ex do conxunto norteafricano. Jordi Escobar, con esvaroón e todo, foi capaz de disparar. O poste evitou o gol.

O Fotuna, no que se estreou Alexis Olmedo, sufriu pouco en defensa. Coke tivo que aparecer nunha acción dos locais.

Estivo máis preciso que o outro gardameta. Saída a destempo de Pedro López diante de Capde. O xogador do Fortuna leva o balón e con serenidade envía o balón á rede. Máis que merecido o gol. Marcou Capde logo dun gran pase do internacional Anxo Rodríguez. moito nivel.

Á volta do intermedio tivoa o equipo de Fredi para ampliar vantaxe. O centro de Óscar Marcos non atopa unha boa definición de Álvaro Marín en situación inmellorable. Segunda clarísima ocación con protagonismo para un Escobar con máis traballo qure acerto.

Coa desvantaxe mínima, o Ceuta tentou boterse cara arriba. Non lle quedaba outra, Kuki Zalazar puxo en apertos a defensa galega, que padeceu para conservar o resultado. 

Houbo un gol pero non subiu ao marcador. No minuto 85 marcou Carlos Hernández, paro foi anulado por fóra de xogo.  O Ceuta seguiu á procura do empate, xerando ocasións ata que, case no minuto 90, a Albert Caparrós se lle foi a cabeza e levou por diante a Óscar Marcos. A expulsión non ofrece ningunha dúbida.

co 11 contra dez degou a sentenza. Tivo unha Somuah na que non definiu pero á seguinte, un minuto despois, non perdoou o ghanés. Enviou á rede un servizo de Pablo Gavián. Segundo gol para Somuah en liga.

Sete puntos de 12 posibles. As contas do Fortuna funcionan.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade