O Fortuna disputa un duelo de filiais contra a Real Sociedade B marcado polas baixas (21h)
Fredi recoñece os problemas para elaborar o seu once, pero non se escuda neles de cara a facer un bo partido
O Celta Fortuna recibe esta noite á Real Sociedade B en Balaídos. Un duelo de filiais con puntos importantes en xogo para os dous equipos.
Os de Fredi nos gañan desde principios de setembro, e desde entón acumulan catro derrotas e un empate, o conseguido ante o Sabadell no seu último encontro como local.
Para este partido, o técnico volve ter problemas coas baixas, pero non se escuda neles á busca dos bos resultados: "Aínda non fomos quen de ter un equipo estable, onde poidamos elexir en moitas posicións. Levamos unha serie de semanas con moitos problemas coas convocatorias e cos onces, e estamos a ter problemas para facer as aliñacións. Non pode servir de excusa, porque coñecemos a dificultade da categoría. Penso que o equipo está competindo ben", finalizou na previa deste partido, que comeza ás nove da noite en Balaídos.