Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duelo de filiais co Fortuna buscando cambiar a dinámica negativa

Duelo de filiais co Fortuna buscando cambiar a dinámica negativa

O equipo de Fredi Álvarez xoga diante da Real Sociedade B este sábado disposto a gañar despois de sumar un dos últimos doce puntos

G24.gal 09/10/2026 13:41

Duelo de filiais en Balaídos entre o Celta Fortuna e a Real Sociedade B (sábado, 21:00 horas). O equipo de Fredi Álvarez chega despois dun mes complicado no que só conseguiu sumar un punto de doce posibles.

O empate conseguido na casa contra o Sabadell (1-1) foi a única nova positiva en termos de resultados. Tres derrotas (Almería, Éibar e Spórting) fan que o equipo note a presión que xera a Liga Hypermotion.

Na mesma dinámica está a Real Sociedade B. Son os dous únicos filiais que compiten en Segunda e os dous están a pasar polo mesmo. A Real chega despois de tres derrotas seguidas contra Mallorca, Ceuta e Granada. 

O Fortuna recupera a Mateo Sobral e Cuenca despois do seu periplo coas seleccións. Bajcetic e Antañón seguen sen posibilidade de entrar nunha convocatoria e tampouco poderá estar Pablo Meixús, expulsado no último partido xogado en Xixón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade