Andrés Díaz é profeta na súa terra: homenaxe cunha Milla na Coruña
20 anos despois, o mediofondista coruñés volveu correr nunha milla que leva o seu nome
O gañador da proba elite masculina foi Pedro Osorio e na feminina, Sabela Martínez
O mediofondista coruñés Andrés Díaz foi homenaxeado hoxe na súa cidade coa celebración da I Milla Andrés Díaz no Parrote. 22 anos despois da súa retirada do atletismo, chega esta homenaxe a un dos atletas galegos máis importantes, mellor marca de Europa nos 1500 metros, mundialista e olímpico.
O propio Díaz volveu correr, na milla vintage, xunto a outros grandes nomes do atletismo galego, como Pedro Nimo. Na categoría elite masculina o gañador foi o ferrolán Pedro Osorio, cun tempo de 04:18; mentres que na categoría feminina, primeira posición para a atleta de Portonovo Sabela Martínez.