María Pérez e Paul McGrath exhíbense para lograr dous ouros no medio maratón
A granadina logra o récord mundial cun tempo de 1:30:06
Boa participación galega: Aldara Meilán foi novena; Antía Chamosa, doudécima, e Dani Chamosa foi sétimo
España logrou dúas medallas de ouro no medio maratón de marcha nos Europeos de Atletismo de Birmingham con María Pérez e con Paul McGrath como protagonistas, mentres que Miguel Ángel López vai camiño doutro podio e Raquel González soña co bronce na maratón feminina. A granadina logra un tempo de 1:30:06, récord mundial.
As catro probas corréronse simultáneas nun circuíto cunha zona en obras. A especialidade do atletismo español levantou a delegación da décimo sexta á sétima praza no medalleiro.
No que se refire á participación galega, Aldara Meilán foi novena (1h:34.53) e Antía Chamosa, doudécima (1h:35.33). Dani Chamosa foi sétimo cun tempo de 3h:02.32.