Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cara e cruz nos Europeos de Atletismo: Aguilar, á final; Ben, eliminado

Cara e cruz nos Europeos de Atletismo: Aguilar, á final; Ben, eliminado

Yulenmis Aguilar clasificou á final coa 5ª mellor marca da rolda de clasificación

Adrián Ben quedou 8º na súa rolda clasificatoria e non estará na final dos 1.500 m

G24.gal 14/08/2026 14:44

Sesión matinal agridoce para os atletas galegos nos Europeos de Birmingham. Das dúas posibles clasificacións a finais, unha foi positiva e outra negativa.

Haberá presenza galega na final feminina de lanzamento de xavelina. Yulenmis Aguilar conseguiu pasar tras facer a 5ª marca, cunha distancia de 59 metros e 85 centímetros. Estará na pelexa polas medallas deste domingo.

A parte negativa da xornada foi a de Adrián Ben. O de Viveiro non conseguiu clasificarse para a final. Quedou 8º, cun tempo de 3 minutos e 42 segundos. Para lograr o pase debía quedar entre os 6 primeiros, mais non o conseguiu.

A representación galega en Birmingham continúa mañá coa participación de Aldara Meilán e dos irmáns Chamosa nas probas de medio maratón marcha feminino e marcha maratón masculino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade