Marín acollerá a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala
Será no pavillón da Raña entre o 16 e o 18 de abril de 2027
Oito equipos disputarán esta fase definitiva dun total de 48
A localidade pontevedresa de Marín será a sede da Fase Final da Copa da Raíña de fútbol sala 2027. Tras o acordo alcanzado pola Real Federación Española de Fútbol, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol, o pavillón da Raña albergará a gran festa do fútbol sala feminino.
A diferenza de tempadas anteriores, este curso a fase final disputarase do 16 ao 18 de abril de 2027. Oito serán os clubs que disputarán a fase decisiva dun torneo que o pasado curso levantou en Móstoles o Melilla C. D. Torreblanca, tras impoñerse nunha gran final ao Arriva A. D. Alcorcón FSF.
A trixésimo cuarta edición da Copa da Raíña de fútbol sala terá o seu desenlace final en terras galegas, onde regresa este campionato tras a edición da tempada 2021/2022 disputada en Ourense. Na presente edición 2026/2027, compiten un total de 48 clubs que buscarán acceder á fase final a través de catro eliminatorias a partido único.