Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección galega masculina de fútbol sala cae diante de Cataluña (1-6)

A selección galega masculina de fútbol sala cae diante de Cataluña (1-6)

O potente combinado catalán non lles deu opción aos galegos no Municipal lugués

Foto: @FutsalRFGF
G24.gal 04/07/2026 12:11

A selección galega de fútbol sala mediuse a Cataluña no Municipal de Lugo nun amigable en que os visitantes amosaron o seu enorme potencial, con varios xogadores festexando aínda o título ligueiro. 

O encontro comezou con vantaxe dos cataláns, que se adiantaban con senllos goles de Sepe e de David Peña. Ao descanso chegábase cos galegos 0-3 por debaixo no marcador tras un novo tanto, obra de Eric Pérez.

Tras o paso polos vestiarios, os de Juanma Marrube melloraron a súa imaxe. E traduciron o seu dominio no seu único tanto, obra de Pitero. Pero os cataláns seguiron amosando a súa enorme pegada e, no treito final, ampliaban a vantaxe ata o 1 a 6 final, cos tantos de Esteban, David Peña e Povill.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade