Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección feminina de fútbol sala tampouco pode con Cataluña en Lugo (1-3)

A selección feminina de fútbol sala tampouco pode con Cataluña en Lugo (1-3)

As catalás tiraron proveito dos dous goles de renda, e aguantaron o asedio das galegas

Antía Pérez marcou o único das locais, un golazo de vaselina

Foto: @FutsalRFGF
G24.gal 04/07/2026 13:25

A selección feminina de fútbol sala tampouco puido con Cataluña que, ao igual que acontecera no amigable masculino disputado na véspera, tomou vantaxe axiña e aguantou os intentos das galegas.

O único tanto da primeira metade chegou aos nove minutos, nun ataque das catalás que culminou Montufo cun toque de calidade sobre a saída da porteira galega. Unha vantaxe mínuma coa que se chegaba ao tempo de lecer.

Nada máis volver dos vestiarios, as visitantes ampliaban a renda. Foi cun roubo de Benete, que definiu no man a man. O 0-2 era un resultado complicado, pero as galegas metéronse no partido cun golazo de Antía Pérez. A de Laza iniciou a xogada, recibiu o pase ás costas da defensa e, despois de controlar co peito, marcaba cunha vaselina perfecta.

O 1-2 deu azos ás galegas, que gozaron de ocasións para equilibrar o resultado. Mesmo un dobre penalti executado por Antía Pérez. Pero non foron quen de culminar ningunha delas, e, con Galicia envorcada á busca do empate, un lanzamento de Ceci provocaba unha contra que acababa co 1-3, a mans de Paula Aguís.

Ao final chegouse con ese 1-3 no amigable disputado no Municipal de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade