Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia remonta en Cartaxena e o Parrulo cae en Palma na xornada do fúbol sala

O Noia remonta en Cartaxena e o Parrulo cae en Palma na xornada do fúbol sala

O Noia Portus Apostoli foi quen de darlle a volta ao marcador diante do Jimbee Cartaxena (1-3)

O Parrulo perdeu na pista do líder, o Palma Futsal (7-3)

G24.gal 10/10/2026 13:16

Os dous equipos galegos da primeira división de fútbol sala disputaron onte os seus partidos da quinta xornada. Distinta sorte para o Parrulo e o Noia.

Os noieses lograron a vitoria na súa visita ao Cartaxena. Un a tres foi o resultado dun encontro no que os locais conseguiron adiantarse no marcador. Pero o Noia remontou con dous goles de Mykola e un de Daniel Colón para situarse con sete puntos na zona media-alta da clasificación.

Con oito vai quedar o Parrulo logo da súa derrota na pista do líder, o Palma Futsal, por sete a tres. O choque estivo igualado ata o tempo de lecer. Pero os locais foron superiores na segunda metade e mostraron unha grande efectividade ante a portería contraria, deixando sen efecto os goles de Malaguti, David Novoa e Rikelme para o conxunto ferrolán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade