Calendario 26/27 para os equipos galegos de fútbol e sala
A Primeira RFEF comezará o 30 de agosto e a Segunda RFEF o 6 de setembro
Futbol sala: a liga masculina arranca o 13 de setembro e a feminina o día 5
RFEF
Hoxe coñecemos tamén os calendarios da Primeira e Segunda Federación. Os equipos galegos estarán no Grupo 1 en ambas categorías.
A Primeira RFEF comezará o 30 de agosto cos seguintes cruces para os galegos:
Arenas Club - Racing Club Ferrol
AD Mérida - RC Deportivo Fabril
UD Ourense - SD Ponferradina
Real Avilés Industrial - Pontevedra CF
Unionistas de Salamanca - CD Lugo
A Segunda RFEF comezará o 6 de setembro con:
Deportivo Alavés B - Coruxo FC
SD Compostela - Club Marino de Luanco
Gernika Club - Bergantiños FC
Ourense CF - CD Baskonia
SD Amorebieta - Arosa SC
Fútbol sala
Na Liga Prime Futsal, os equipos galegos terán os seguintes cruces na primeira xornada, que comezará o 13 de setembro:
Noia Portus Apostoli - El Pozo Murcia
O Parrulo Ferrol - Manzanares FS
E na Primera División Feminina de fútbol sala, catro equipos galegos. Comezarán a temporada o 5 de setembro:
Derbi entre o Estrela Futsal Cortega e o FSF Castro Bloques Cando.
Ourense Ontime - AE Les Corts UBAE
Intersala 10 Zaragoza - Poio Pescamar