Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta continúa poñendo os alicerces do futuro coa renovación de Anxo Rodríguez

O Celta continúa poñendo os alicerces do futuro coa renovación de Anxo Rodríguez

O central pontevedrés (2007) é titular indiscutible no Fortuna desde o seu último ano de xuvenil e apunta en breve ao primeiro equipo

G24.gal 12/10/2026 12:53

Despois da renovación da semana pasada de Javi Rodríguez ata o 2030, o Celta segue a poñer os alicerces do futuro e tamén se asegurou a presenza do central pontevedrés Anxo Rodríguez ata esa mesma temporada. Anxo (2007) é titular indiscutible no Fortuna desde o ano pasado, aínda en idade xuvenil, e apunta nun breve espazo de tempo ao primeiro equipo. 

Debutou co Fortuna na última xornada da temporada 24-25 no campo da Real Sociedade B. Poucos imaxinaban o que ía acontecer na 25-26 cando Fredi depositou toda a confianza nel e foi un dos xogadores máis regulares na histórica temporada do ascenso. Estivo preto dos 3.500 minutos sendo o xogador de campo con máis presenza sobre o terreo de xogo. A iso engadiu tres goles e unha chea de boas actuacións que o levaron á selección española. 

Xa en Segunda División Anxo mantivo a confianza dos adestradores demostrando que é unha das promesas máis firmes xurdidas da Madroa. Agora ten a tranquilidade dunha renovación de contrato que o une ao Celta ata o 2030. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade