Fredi: "Temos que aproveitar o momento o luns na casa. E, a partir de aí, gozar e seguir crecendo"
O Celta Fortuna recibe o luns ao Eibar en Balaídos (20:30h) nun gran momento de forma
O técnico avisa dos perigos da Segunda División
O Celta Fortuna xoga o luns ante o Eibar, un partido que vai pechar a quinta xornada á que ó filial celeste chega no sétimo posto da táboa tras un comezo de temporada formidable.
O Celta Fortuna regresa a Balaídos logo de facerse ante o Ceuta coa primeira vitoria como visitante. O Fortuna ten dous puntos menos que o Eibar, o segundo clasificado con tres triunfos seguidos.
Fredi é realista pero non agocha a satisfacción polo momento que están vivindo: "Estamos contentos de como van as cousas, pero somos conscientes de que a Segunda é moi longa, e de que imos pasar por baches. Agora temos que aproveitar o momento, coa nosa xente, e cun partido na casa o luns. Desde aí, gozar e seguir crecendo", indicou o técnico na previa.